SEMANA DO 24 AO 30 DE ABRIL DE 2020
Ola familias: Xa queda un pouco menos, esta semana queremos compartir convosco o seguinte: -Celebramos a Semana do Libro e desde a biblioteca convídanvos a visitar o seu blogue: http://clubedelecturadoeugenio.blogspot.com/ -Podedes visitar o blogue de inglés para Educación Infantil, desde alí a mestra Isabel publicará divertidas e educativas propostas: https://englisheugeniolopez.blogspot.com/p/infantil-p.html -Desde titoría queremos mandarvos un agradecemento enorme por todo o esforzo que estades a facer, a nosa proposta para esta semana segue a ser aberta e voluntaria, e o obxectivo principal e que os nenos e as nenas aprendan e xoguen coa familia. Mandamos unha aperta enorme aos nenos e nenas dos que nos sentimos moi orgullosas. PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO 24 AO 30 DE ABRIL TICS: No seguinte enlace podedes atopar para Educación Infantil 9 unidades con diferentes xogos educativos, así como actividades de lectoescritura, contos, numera...