Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

FIN DE CURSO: INFORMACIÓN E PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Ola familia:     Chegamos á última semana de curso, como cada semana vos facemos unha proposta de actividades ampla, aberta e voluntaria. Todo vai quedar publicado e ides poder consultalo sempre que vos apeteza.   Informarvos que a partir do día 19 de xuño podedes consultar as notas a través da aplicación ABALAR MOVIL.     Mandamos, a todos os nosos alumnos e alumnas, un forte abrazo e dicirvos o orgullosas que estamos de vós. Gozade do verán e vémonos en setembro.  "Ensinarás a voar, pero non voarán o teu voo. Ensinarás a soñar, pero non soñarán o teu soño. Ensinarás a vivir pero non vivirán a túa vida. Con todo….en cada voo, en cada vida, en cada soño, perdurará sempre a pegada do camiño ensinado"   Nai Teresa de Calcuta.  Un saúdo   PROPOSTA DE ACTIVIDADES  CANCIÓNS: 1.-Debajo de un botón https://www.youtube.com/watch?v=cCdcaUwy65w 2.- Cancións de Teo: o arco irirs https://www.youtube.com/watch?v=s5-Gu8Z5Fjw 3.-Cancións var

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO 8 AO 15 DE XUÑO

Ola familias:      Estamos a chegar á recta final de curso, a todos gustaríanos que fóra doutra forma: vernos, xogar, compartir, rir, darnos apertas,....son cousas que botamos de menos e que esperamos volver facer.      Este curso deixamos de vernos dunha forma brusca e sen pensalo ...., os nosos traballos e as nosas cousas quedaron no cole: Os lapbooks de Xapón, o libro do método, o das festas do ano, as nosas fichas,....incluso as nosas mudas. Cremos que levalas agora non ten ningún sentido, nin significado para os nenos e nenas, gustaríanos facelo en setembro. Retomar o proceso de ensino-aprendizaxe onde o deixamos, repasando e lembrando, que sexan eles e elas os que leven con ilusión e que vos conten todo o que saben... e esperamos que esta nova normalidade sexa o máis parecido ao que tíñamos antes.    “ O medio mellor para facer bos aos nenos e as nenas é facelos felices”. Óscar Wilde Un saúdo FICHAS INTERACTIVAS: PUZZLE https://es.liveworksheets.com/uu