Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

SEMANA DO 24 AO 30 DE ABRIL DE 2020

Ola familias: Xa queda un pouco menos, esta semana queremos compartir convosco o seguinte: -Celebramos a Semana do Libro e desde a biblioteca convídanvos a visitar o seu blogue:  http://clubedelecturadoeugenio.blogspot.com/ -Podedes visitar o blogue de inglés para Educación Infantil, desde alí a mestra Isabel publicará divertidas e educativas propostas: https://englisheugeniolopez.blogspot.com/p/infantil-p.html -Desde titoría queremos mandarvos un agradecemento enorme por todo o esforzo que estades a facer, a nosa proposta para esta semana segue a ser aberta e voluntaria, e o obxectivo principal e que os nenos e as nenas aprendan e xoguen coa familia. Mandamos unha aperta enorme aos nenos e nenas dos que nos sentimos moi orgullosas. PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO 24 AO 30 DE ABRIL TICS:  No seguinte enlace podedes atopar para Educación Infantil 9 unidades con diferentes xogos educativos, así como actividades de lectoescritura, contos, numeración, psi

Benvidos

Queridas familias: Esperamos que todos e todas vos atopedes ben e esteades a vivir este tempo xuntos da maneira máis enriquecedora posible. Ánimo! Xa temos un camiño andado e xa falta menos. Xuntos e seguindos as instruccións dadas polas administracións podemos con isto.  Gustaríanos poder empezar este trimestre aquí na Escola, que é onde temos que ensinar, aprender, observar, experimentar, compartir, vivenciar,.. Como non pode ser, imos ofrecer unha proposta de experiencias para que poidades facer na vosa casa cos nenos e as nenas. Como di o gran Francesco Tonucci "Cando os pais gozan realmente a compañía dos seus fillos convértense nos mellores mestres que os nenos poden ter." Máis que ofrecer contidos gustaríanos brindar unha metodoloxía lúdica onde os nenos e nenas aprendan xogando. É tamén moi importante reforzar competencias e habilidades, tales como autonomía no vestirse, aseo, comida... En fin, cargar a mochila de ganas de aprender e convivir.