FIN DE CURSO: INFORMACIÓN E PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Ola familia: Chegamos á última semana de curso, como cada semana vos facemos unha proposta de actividades ampla, aberta e voluntaria. Todo vai quedar publicado e ides poder consultalo sempre que vos apeteza. Informarvos que a partir do día 19 de xuño podedes consultar as notas a través da aplicación ABALAR MOVIL. Mandamos, a todos os nosos alumnos e alumnas, un forte abrazo e dicirvos o orgullosas que estamos de vós. Gozade do verán e vémonos en setembro. "Ensinarás a voar, pero non voarán o teu voo. Ensinarás a soñar, pero non soñarán o teu soño. Ensinarás a vivir pero non vivirán a túa vida. Con todo….en cada voo, en cada vida, en cada soño, perdurará sempre a pegada do camiño ensinado" Nai Teresa de Calcuta. Un saúdo PROPOSTA DE ACTIVIDADES CANCIÓNS: 1.-Debajo de un botón https://www.youtube.com/watch?v=cCdcaUwy65w 2.- Cancións de Teo: o arco irirs https://www....